Hoxe os peques do cole tiveron unha sesión de xogos de mesa na nosa biblioteca. Xa sabedes que grazas a sermos unha Biblioteca Creativa, o noso recanto argalleiro ten un bo surtido de xogos para todas as idades.
Os xogos de mesa axudan ao desenvolvemento das capacidades motoras, mentais e sensoriais. Fomentan a concentración, a memoria, a observación e a imaxinación. Amósannos a resolver problemas, elaborar estratexias e tomar decisións e tamén ensínannos a cumprir as normas de convivencia.
Xa vedes, que os nenos e nenas de infantil traballan moito, aínda que pareza que só están xogando.
Sssssh! Silencio! Aquí se xoga!
Preme nesta foto se queres ver máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario