mércores, 9 de outubro de 2024

BENVIDA AULA DE AL Y PT

BENVIDO CURSO 2024-2025

Boas familias! Comezou o curso, e na aula de Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica estamos a traballar xa moitas cousiñas que vos iremos explicando pouco a pouco e durante todo o curso para que saibades un pouquichiño o que facemos . 

 Antes de nada, gustaríame contarvos que os A.L somos os especialistas da audición e linguaxe nos centros educativos e qué traballamos nas seguintes áreas coas vosas crianzas: Estimulación da linguaxe oral ( Educación Infantil ) , conciencia fonolóxica ( traballar con sons como base para a lectoecritura), semántica ( coñecer e usar as palabras para comunicarse ) morfosintaxe (estructura interna das palabras e a súa organización en oracións) e a pragmática ( uso adoitado da linguaxe nos diferentes contextos sociais.) .

 Por outra banda os P.T. tamén compartimos actividades da linguaxe pero centrámonos máis na axuda e apoio do alumnado con necesidades para adaptar a aprendizaxe ás súas características e ritmos individuais. Unha vez explicado algo do noso traballo, comparto algunhas das fotos das actividades feitas esta primeira semana. Ata pronto!
Maru Alonso Correa. 






Orientación espacio- temporal nas sesións ( coñecemento dos días da semana, clima,ano, estacións, datas etc.)













Aprendizaxe de vocabulario en Inglés a través de pictogramas e xogo de búsqueda das mesmas.












Traballo de morfosintaxe para alumnado con dificultade na realización de oracións. Se o alumnado ten maior dificultade podemos asociar as categorías das palabras coas cores dos depresores. A medida que aumenta a dificultade aumenta o números de depresores de búsqueda.









 

O manexo dos cartos é unha das actividades básicas da vida diaria, por iso é de gran necesidade para poder desenvolverse en sociedade. Primeiro traballamos a través da comprensión de oracións sinxelas e manexo dos cartos e posteriormente na vindeira semana ,iremos ao mercado da Chispa a facer a compra.























Investigamos e creamos a través dun tema “A relación e os sentidos” . Para iso facemos unha actividade manipulativa na que terán que ir recollendo obxetos que se poden percibir por cada sentido e ir meténdoo dentro dunha bolsiña colocada dentro do mural.








Xogamos a baralla das familias léxicas onde as palabras están relacionadas en significado e raíz. ( adquirir vocabulario)


Ningún comentario: