O pasado mércores 2 de maio os alumnos e alumnas de Primaria asistiron á edición do Correlingua 2007. Celebrouse no paseo marítimo de San Valentín, en Fene. Entre outras actuacións puideron ver a de PPablo-Ghazafelhos con "Contos de lobo" e a do Xabarín Club da TVG, ademais doutras dos propios centros. Ás 12h rematou o acto, despois da lectura do manifesto "Galegando". Nas fotos podedes ver ao nenos e nenas de Primaria no cole coas camisetas de CORRELINGUA 2007.
LA VERDADERA HISTORIA DE LA NAVIDAD
-
La historia de la verdadera navidad, una ficha interactiva de gorogui
live*worksheets.com*
Hai 3 anos
1 comentario:
Estades todos moi ben e con esas caras xa se ve o ben que o pasáchedes.Un biquiño para Catu da súa madriña.
Publicar un comentario