TIVEN MEDO DE BOGAR,  Tiven medo da auga crar.  Anque fora cuns bos remos  Anque fora na mar calma.  ¡Non bogaba! ¡Non bogaba!  María Mariño 
  Onte, 2 de maio, celebrouse no Centro Cultural Carballo Calero o acto de entrega de premios da "VII edición de Poesía e Imaxe - En galego sen filtro" e a inauguración da Exposición cos traballos premiados. Esta actividade, que se vén desenvolvendo os últimos anos grazas á colaboración entre a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística e o Concello de Ferrol, convocou a trinta e un premiados e premiadas entre os que se atopaban Cristina, Nerea e Pablo. Moitas felicidades aos tres e ÁNIMO!!!!
  | 
Ningún comentario:
Publicar un comentario