Dentro da semana que no cole adicamos ás Letras Galegas, o luns 14 de maio os máis pequenos tiveron a visita de Iago López Santos quen chegou á biblioteca co seu pequeno libro "Contos para levar non peto"; de aí saíu a divertida historia de Marcial Milpés na que as nenas e os nenos tiveron que meterse na historia: enfadarse, durmir, soprar coma o vento, coller algunha estrela; así minuto tras minuto foron quen de axudar a Iago a contar o seu conto.
Felicidades Iago, gustáchesnos moito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario