Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.
(Rosalía de Castro)
ou
Campanas que tocades
todas do mesmo xeito,
unhas chegádesme á alma
e outras ó pensamento.
(María Mariño)
Á nosa Biblioteca chegaron as dúas escritoras: Rosalía de Castro, da man de Lucía Dopico Díaz e María Mariño Carou, da man de Nerea Perille Orjales; dúas alumnas que interpretaron os seus papeis contándonos un pouco das súas vidas e achegándonos así a dúas épocas diferentes pero unidas pola poesía das dúas mulleres.
Pero ese día, a celebración das Letras Galegas foi máis alá xa que houbo unha gran participación de todos os alumnos e alumnas do noso Centro: lectura dunha escolma literaria de todos os contos elaborados por parellas ou por grupos nas aulas, Representación dos alumnos de 1º e 2º de "A princesa do Caurel" e o recitado dun poema dos máis pequerrechos.
Xa ao final da xornada chegou a maleta de Chispa e, desta vez, viña ben cargada de agasallos para premiar a todos e todas a participación cos seus traballos nesta xornada. Chispa gardou na maleta os agasallos da Campaña "HORA DE LER" . Vaia festa!!!!
1 comentario:
Grazas pola vosa benvida, o voso foi un dos primeiros comentarios e recibímolo con moito agarimo. Felicidades tamén polo voso traballo. Un saúdo dende Pontedeume.
Publicar un comentario