domingo, 10 de junio de 2007

SEGUIMOS COS CAMBIOS


No mes de abril contabámosvos algúns pequenos cambios que se foron producindo na BIBLIOTECA do noso Centro. Con cada nova compra ou con cada pequena modificación que facemos damos un pasiño máis cara á nosa biblioteca ideal. Que ilusión ver como pouco e pouco se vai transformando!
Ao longo do curso cambiamos parte do chan que quedara sen amañar do ano pasado e decoramos o cristal da porta. Despois chegou mobiliario que enviou a Xunta; máis tarde mercamos mesas para o ordenador da xestión e para os dous ordenadores de consulta. E, por fin, queremos compartir con todos os lectores e lectoras deste caderno as novas adquisicións para o RECANTO DE LECTURA. Só hai dous días que nos chegaron e aínda lles daremos algunha volta pero mentres tanto, aí o tedes.

7 comentarios:

Biblioafonso dijo...

Parabéns polo traballo. A disfrutar da nova biblio.

Biblioteca Ceip Quintela-Moaña dijo...

Queda moi bonita!¡Que gusto ler nun sitio así!.Agora, a disfrutalo

O Segrel do Penedo dijo...

Visto o conseguido, valeu a pena a espera. Tedes unha biblio moi acolledora. Parabéns!!

Andrade 39A dijo...

Felicidades pola vosa nova biblioteca. Resulta moi acolledora invita a entrar, é a recompensa ao traballo ben feito. Ánimo, que agora a final de curso fainos máis falla que nunca. Un saúdo dende Pontedeume.

biblioteca dijo...

Quedou un espazo moi acolledor e seguro que, como lles pasa aos nosos, vai ser un dos lugares favoritos do voso alumnado.
¡Noraboa!
Bea,dende Ponteareas

Varios dijo...

Que bonitoooooo!
En serio, está moi ben. Felicidades.

gus dijo...

Tedes moi buen gusto.Está quedando moi bonito. Saúdos.