miércoles, 24 de octubre de 2007

24 DE OUTUBRO: CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ...

Hoxe recibimos a maleta de Chispa cunha carta para desexarnos un feliz Día das Bibliotecas. Na maleta traía catro contos para que leamos e disfrutemos nas aulas.
A verdade é que celebramos o Día das Bibliotecas na aula de música. A nosa Biblioteca segue coas reformas pero iso non impediu que tivesemos tres sesións de contacontos: dúas para Infantil e o 1º ciclo de Primaria e outra para o 2º e o 3º ciclos. Brunilda, unha meiga amiga da nosa Chispa contounos "Corre, corre cabaciña" para os máis pequenos e "O esqueleto vai de cranio" para os maiores. Escolleu estes contos porque no cole estamos a traballar os contos de medo. E, o día que celebremos o Magosto, teremos outra sesión adicada a eles. Todos estamos traballando nas clases inventando e recollendo contos de medo. Pero dese día xa falaremos máis adiante.

10 comentarios:

GUS dijo...

Que sorte tedes de ter a CHISPA E A SUA MALETA!!!!
¡Menudas caras que teñen os rapaces!
NORABOA

Anónimo dijo...

hola



como molou a sesion de contacontos!!!




ten que volver CHISPA




coa sua maleta



outra vez


jeje

a ver se acaban xa coas obras e podemos ir mas a miúdo a biblioteca




pois nada que PAZOS é O MELLOR!!




sen ofender a outros colexios

Anónimo dijo...

Ola, somos alumnos do cole, xa sabemos que temos sorte gracias Gus.É que temos unha gran meiga.Gus non nos digas que temos boa cara;é que somos moi guapos neste cole;ja,ja:Nerea,Víctor.

Anónimo dijo...

Ola,somos alumnos do colexio de Pazos.Temos moita sorte de ter a Chispa e a súa maleta,grazas polos vosos comentarios: Diego,Victor.

Anónimo dijo...

Ola,son Alberto e quero decir que me gustou moito a sesión de contacontos.Ía dun esqueleto que o colleran do cemiterio e o levaron a un hospital,e o esqueleto quería volver ao cemiterio antes do día de Todos os Santos.
Axudaronme a publicar este comentario
Edu Pérez Campos
Iván Maday Batista Couselo

Anónimo dijo...

Que atentos se ven os/as rapaces/as.Pois si que debeu estar interesante a sesión de contos.
Xa me gustaría a min poder ir a ese cole! Noraboa! Bicos!

Anónimo dijo...

a min gustoume moito a sesion de contacontos pero todas as actividades que se fan no cole son moy chulas




chispa mola moito



grazas por todo sen os profes e a colaboracion do cole isto non seria posible grazas de verdade



vicos rosana




lucia dopico diaz

Anónimo dijo...

bicos e con b

jeje






lucia dopico diaz

Chispa dijo...

Moi ben Lucía, é de sabios rectificar.
Un bico con "b" moi grande de Chispa.

Chispa dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.