jueves, 1 de noviembre de 2007

O Samaín e o Magosto xuntos da man



No cole celebramos as dúas festas con moitas actividades. Organizamos unha recollida de receitas do outono, refráns, adiviñas. E tamén animamos a todos e a todas a elaborar os seus propios poemas e contos de medo. Fixemos unha gran exposición na entrada do colexio -Ai!, a biblioteca... ¿Cando a rematarán?- e aproveitamos o día da celebración do Magosto e o Samaín para ler os contos inventados, ben individualmente ou ben colectivamente polo alumnado.
Os alumnos de 5º e de 6º recitaron o conto rimado que preparou a mestra Manuela Casal García -Moitas grazas desde aquí, Manuela- xunto coas mestras do Equipo da Biblioteca "A fantasma solitaria", ao tempo que o viamos proxectado.
Pero non acabou aí. Antes de saír ao patio a comer as castañas e a participar nos xogos tradicionais, cantamos "Samaín", que é a canción que nos enviou o noso compañeiro Jesús Fernández-Pareja Marín. Menudo exitazo!! Moitas grazas a ti tamén, Jesús.
Esperamos publicar moi axiña algúns dos contos de medo e as súas ilustracións. Mentres tanto MOITAS FELICIDADES A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR!

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Encantáronme as cabazas, as terroríficas historias de medo e... Rosana está feita toda unha artista, o mesmo que Jesús.
Foi unha festa xenial e zampamos castañas ata estoupar.
Saúdos.
Lucía

Anónimo dijo...

A MIN TAMÉN ME ENCANTOU A FESTA!
REALMENTE FANTÁSTICA!
AS CABAZAS DABAN MEDO!
OS CONTOS E AS HISTORIAS TAMÉN!
QUE BEN SABÍAN O LEITE E AS CASTAÑAS!
XOGANDO,CANTANDO E BAILANDO,PASÁMOLO TAN BEN!
CANDO VOLVERÁ A SER O MAGOSTO,
PARA CELEBRALO OUTRA VEZ?
LCF.

Anónimo dijo...

NORABOA A TODOS OS/AS PARTICIPANTES.RESULTOU UN EXITAZO DE FESTA!
QUE CABAZAS MAIS BONITAS PREPARARON OS/AS NENOS/AS!
QUE MURAL MAIS CHULI!
QUE POEMAS !
QUE CONTOS MAIS ORIXINAIS!
QUE MÚSICA!
NON FALTOU DETALLE!
NORABOA OUTRA VEZ!

GUS dijo...

Non me canso de darvos a noraboa a tod@s os profes. Sodes uns artistas e poñedes moito interese e ilusión .Seguide así.
E a os nenos decirvos que aproveitedes de ter uns profes tan chulis e en especial "unha" que eu coñezo un pouquiño e sempre anda metida todo.
NORABOA