martes, 9 de outubro de 2007

CREANDO


Estes son dous cómics feitos por Lucía Dopico Díaz e Eduardo Pérez Campos de 6º de Primaria baseados no texto de X. M. González Reboredo, Lendas galegas de tradición oral: "A moura do Castro de Baínte".



Estaba unha moura asollando ouro no castro, cando acertou a pasar por alí un home de Baínte, que quedou a ollar para tanta riqueza e dixo:


-¡Ai! ¡Se me dera un pouco!


Ao que a moura respondeu:


-¿Quérelo aos puñados, ou quérelo aos ferrados?


E o home de Baínte exclamou moi pronto:


-¡Quéroo aos ferrados!


-Pois logo vai axiña buscar a medida.


Correu o home cara á casa, mais cando volveu coa medida o ouro e a moura xa desapareceran.


E o home laiábase:


-Se dixese aos puñados, poida que arestora algún ouro fose meu.


5 comentarios:

Anónimo dixo...

Acabo de ver os vosos cómics e parécenme moi bos. Seguide traballando así. Moitas felicidades a Lucía e a Edu.

O Segrel do Penedo dixo...

Encántanme os vosos cómics.
O curso pasado eu tamén os utilicei como recurso cun grupo de DC e funcionou moi ben.
Parabéns aos autores!!

Anónimo dixo...

Espectaculares,impresionantes e pouco decilo.

Anónimo dixo...

Queremos libros de Eragon,las cronicas de Narnia e Harry Potter e a orden do Fenix.

Anónimo dixo...

Ola somos algunhas das compañeiras de Lucia e de Edu e estamos moy contentas do seu traballo.Nos terminamos o comic mais tarde ca eles por iso non o publicaron de portada.

De Giovanna ,Desire e Xere

Bicos para todos.