luns, 1 de outubro de 2007

"HORA DE LER" en Pazos




O vindeiro luns, 8 de outubro, comezamos unha nova actividade na nosa escola: "HORA DE LER". 20' de lectura cada día, á primeira hora da mañá, en todas as clases: de Infantil e de Primaria.
Sabemos que esta idea leva funcionando algún tempo noutros colexios e queremos sumarnos, desexando que sexa unha actividade motivadora e efectiva.
Pretendemos que disfruten da lectura e que sexan quen de contaxiar ese gusto polos libros. Cremos que é importante ese tempo para axudar a que adquiran ou afiancen o hábito lector, para que teñan dentro do cole a oportunidade do reencontro cos seus libros máis queridos ou o descubrimento de novas aventuras que agardan a que alguén as atope.
20' de lectura cada día para medrar, para aprender e imaxinar, para coñecer o seu mundo e os outros tamén, para pasalo ben, para compartir os seus gustos, e para sorrir e rir, soñar...
Temos unha cita o próximo 8 de outubro. NON FALTEDES!

1 comentario:

Anónimo dixo...

¡Non estades sós!O luns empezamos nós tamén esta aventura.Esperamos intercambiar experiencias con vós.Un saúdo a todos e todas, e tamén a Chispas.