POLO SAN MARTIÑO, PEÓNS NO CAMIÑO.
POLO SANTO AMARO, PEÓNS AO FAIADO.
MANIFESTO
Eu quero ver un milleiro de buxainas a bailar
porque é a tradición do noso pobo e as miñas tradicións
son a miña identidade.
Eu quero ver un milleiro de trompos a bailar
porque así construímos a nosa historia.
Eu quero ver un milleiro de peóns a bailar
para que a nosa lingua "role" nas mans dos nosos cativos.
Eu quero ver un milleiro de pimpionetas a bailar
porque nos unen na diversión.
Eu quero ver un milleiro de panquentes a bailar
porque simbolizan o bulebule da Galiza que camiña sen
vagar cara ao seu futuro.
Eu quero ver un milleiro de bailaretes a trompear
porque si.
Mañá nós estaremos visitando a Biblioteca Municipal e a Fundación "Caixa Galicia" entre outras cousas, así que non leremos na hora do recreo o Manifesto do Día do Peón 2007 que os alumnos e alumnas de 4º da ESO do IES de Melide redactaron para este ano, pero temos todo preparado para facelo o vindeiro luns. Mentres, aquí queda .
2 comentarios:
Saúdos dende o blog do cole de Andrade, xa vemos que seguides traballando moito dende a biblioteca.
Grazas por facervos eco do manifesto do Día do Peón.
Un saco de bicos...
é pouco
4A, IES Melide.
Publicar un comentario