O pasado venres, entre outras actividades, fixemos unha visita á
Biblioteca Municipal de Ferrol. O guía, que nos ensinou a Biblioteca, empezou o seu percorrido pola
planta baixa, onde nos amosou a sección adicada aos lectores máis novos, onde están as publicacións periódicas e a zona de información e préstamo. Explicounos como están organizados os libros e como buscar o que nos interese. Despois levounos ao
soto onde está o arquivo e a hemeroteca e logo fomos subindo e escoitando as súas explicacións: Na
primeira planta está o préstamo de adultos e o xuvenil; na
segunda, a sala de lectura e consulta, e tamén a sala web; por último, chegamos á
terceira onde nos entregou un mateial de agasallo pola nosa visita:
"A saga de San Ferreol" de Ramón Loureiro, coas preciosas ilustracións de Francisco Pérez Porto. Tamén nos entregou todo o necesario para obter o carné lector e facernos socios. Algúns xa temos todo preparado porque está moi, moi ben: é moi grande, ten moitísimos libros e é super acolledora pero...a Biblioteca Municipal está bastante lonxe de onde vivimos por iso é tan importante para nós a do noso colexio. Estamos desexando vela lista outra vez coas súas portas abertas.
1 comentario:
Meus queridos amigos: Permitídeme que vos felicite polo voso blog, que acabo de descubrir e que é verdadeiramente precioso.
Eu tamén teño unha nena, á que no seu cole levaron hai días a ver outra biblioteca municipal, que lle gustou moito.
(Cando eu era pequeno, na miña escola había unha biblioteca, tamén, aínda que con poucos libros. Lémbroos, todos eles, como unha alegría permanente.)
Que sexades, sempre, moi felices.
Ramón Loureiro
Publicar un comentario