Vistamos a Biblioteca Municipal, si, e aproveitamos a mañá para facer moitas outras actividades. Contactamos cunha guía turística do Concello de Ferrol para que nos recollese na Biblioteca e nos levase polo centro de Ferrol para visitar o
Barrio da Magdalena. Así, ás dez e media estabamos todos e todas preparados para facer a nosa ruta pola "Tableta de Chocolate", que así chamaron ao deseño racionalista das rúas centrais de Ferrol. Saímos da Praza de España, paseamos pola rúa Galiano e chegamos á Praza de Armas, onde se atopa o Concello, despois continuamos pola rúa Dolores e chegamos á Praza de Amboage. Visitamos Herrera desde onde puidemos ver o Arsenal Militar. Por último, fomos pola rúa Magdalena ata chegar á Fundación "Caixa Galicia", no Cantón de Molíns, onde nos despedimos da guía e nos esperaba a
Exposición de Luis Seoane e un obradoiro sobre a visita.
Pufff! Para rematar a xornada, aproveitamos para ver a XXI Exposición Micolóxica de Ferrol; daba pena estar a escasos metros e non vela, a que si? Canto traballiño nos queda agora no colexio...
Ningún comentario:
Publicar un comentario