viernes, 30 de noviembre de 2007

CARTA A CHISPA




Xana, Álex, César, Michelle, Jose, Marta, Lucía, Daniel e Joan son alumnos e alumnas de 1º de Primaria e escribiron esta bonita carta para Chispa.
Realmente, con isto das obras Chispa anda un pouco atarefada; aproveitando que a biblio está cerrada, adica todo o seu tempo a buscar libros para levarnos ao cole. Pero está moi ben que este curso decidise escribirlle para recordarlle que a estamos esperando, non vaia ser que se nos vaia para outra biblioteca: iso sería tremendo!!!
Chispa, por favor, contéstanos algo e, sobre todo, tráenos a maleta moi axiña, que desde o Samaín e o Magosto non sabemos nada de ti. Temos a Biblioteca case lista e seguro que te atoparás outra vez coma na túa casa. Ademais en todo este tempo estivemos traballando moitísimo e lemos todos os días vinte minutiños e iso é marabilloso.
Un bico moi grande dos alumnos, alumnas e profes do teu cole preferido.

1 comentario:

Chispa dijo...

Que carta tan bonita!!! Prometido, o luns, o como moi tarde o martes, levo a maleta. Pufff! Teño un montón de libros. Preparádevos.
Un bico moi grande, moi grande, moi grande de Chispa.