martes, 27 de noviembre de 2007

"A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA"


Aínda que xa chegou o frío, é tempo de outono, e aquí tedes o conto que o ano pasado ilustramos no cole: "A castaña que rebentou de risa". Tamén podedes atopalo no Club de creación.
O audiovisual preséntao Chispa, que é a nosa mascota, a nosa meiga, quen nos escribe de cada pouco, quen nos fai as súas recomendacións e quen nos agasalla cos libros da súa maleta ao longo de todo o curso.
A música é do grupo "Linho do Cuco", que como din eles: "pretende recordar as murgas de principios do século pasado, pero cunha visión actual da música tradicional galega". O equipo da biblioteca envía un saúdo a Irene e a Manolo. Moitas grazas pola vosa colaboración!

6 comentarios:

O Segrel do Penedo dijo...

Que conto tan precioso!!
Parabéns aos autores.
Unha aperta dende Fene

M dijo...

Unha música preciosa. Un bico á pequena Rosalía desde Ferrol e boa sorte a "Linho do cuco".

Anónimo dijo...

¡Cousa bonita!
Imosllo pòr òs nenos e nenas de EI e... atòdolos que o queiran ver.
Fermoso traballo.
olga

bibliotecadocole dijo...

Precioso, copiamos a idea de Olga, imos poñerllo aso nosos pequenos tamén.

Andrade 39A dijo...

Aínda que xa recibíchedes moitos parabéns por ese precioso conto, ahí vos vai outro da encargada de biblioteca do cole de Andrade. É un conto realmente moi bonito e aproveitable. Saúdos dende Pontedeume.

olga dijo...

¡Que èxito!. Lèrono primeiro (sò texto)... e logo vìrono.
Haberà que felicitar a Chispa por presentarnos algo tan bonitiño.
olga