martes, 20 de novembro de 2007

O castelo encantado







Este é o conto que David Medín Veiga de 2º inventou e ilustrou para o noso libro de CONTOS DE MEDO.



Había unha vez uns nenos que xogaban no monte e escapóuselles a pelota. Foron buscala e viron un castelo. Ese castelo estaba encantado, pero como os nenos eran moi valentes, entraron.



Dentro había moitas cousas. De súpeto escoitaron un ruído.



-Bum... Bum... Bum!



Tiñan moito medo.



Cando miraron para un lado viron un VAMPIRO que os quería coller. Estaba a lúa chea. O vampiro seiu detrás deles. Quería chuparlles o sangue.



Os nenos saíron fóra do castelo e empezaron a ver morcegos e máis morcegos. Por sorte viron a pelota. Foron collela e escaparon correndo.



Por suposto que se queredes ver a versión orixinal teredes que pinchar aquí ou ir ao Club de creación.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Moi ben David. Felicidades! Encántame o conto e tamén as ilustracións. Es un artista. Unha aperta moi grande e mil bicos de Chispa.

Anónimo dixo...

GUSTOUME MOITO O CONTO DOS NENOS DE CEGUNDO.

LEANDRA LUISA REGO MARTINEZ