venres, 21 de decembro de 2007

FELICES FESTAS!

Hoxe pola mañá celebramos o noso Festival de Inverno, despois de degustar postres típicos do Nadal nas aulas e de vestirnos e prepararnos para as actuacións. Primeiro puidemos ver aos máis pequerrechos bailando o tema de Lara (da BSO de Doctor Zhivago); a continuación, unha obra de teatro titulada "Viva Decembro", a cargo dos alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Primaria e tamén escoitamos unhas "Peticións aos Reis Magos" que rimaron os de 3º. 1º e 2º cantaron unhas panxoliñas moi bonitas; e os nenos e nenas de 4º puxeron a proba o escenario bailando "Hockey, Cockey". Houbo entrega de diplomas para todas aquelas aulas e familias que quixeron participar no IV certame de Portais de Belén e, por último, unha actuación semi-improvisada dos profes, que se animaron a cantar.

DESEXAMOS COMPARTIR
COS NOSOS LECTORES E LECTORAS
OS NOSOS MELLORES DESEXOS
PARA ESTAS FESTAS,
E ESPERAMOS QUE O 2008 VEÑA CHEO DE
SAÚDE, PAZ E BOAS LECTURAS PARA AS NOSAS BIBLIOTECAS


2 comentarios:

olga dixo...

Que todos eses desexos, tamén vos alcancen.
olga

Anónimo dixo...

Soy alumna se Rosana Rodiles creadora del blog y quiero felicitar al equipo de biblioteca por su gran esfurzo por hacer del colegio un lugar mejor para los alumnos/as del centro escolar.Felicidades