Esta é a portada do conto colectivo do ano pasado "A Paz é posible se todos e todas colaboramos". Recordades?
Este ano tamén queremos elaborar un no que se recollan os nosos desexos de mellorar o mundo, as nosas intencións de traballar para que a Paz se faga realidade.Acaba de chegar unha carta de Chispa onde nos explica como facelo, animando a todas as clases a participar. Así que lede con atención e mañá falaremos. Ollo!, que tamén manda libros!!
País dos Libros, 16 de xaneiro de 2008
HORA DE CREAR!!
Que tal nenos e nenas? Como vos vai?
Envío os últimos libros que acabo de comprar para que lles botedes unha ollada. Despois tedes que levalos á Biblioteca para que os cataloguen e os poidades levar en empréstito ás casas. Vale? Chis-chis, plof-plof
A miña carta de hoxe débese a que quero animarvos a elaborarar un libro sobre a PAZ, un libro moi bonito, coma o do ano pasado, recordades? Este ano tamén temos que participar todos e todas; dende os máis pequenos de Infantil Chis-chis, plof-plof ata os máis grandes de 6º. Temos que conseguir facer un novo libro marabilloso que fale dos nosos desexos dun MUNDO mellor, porque conseguilo está nas nosas mans.
Como ten que ser ese libro? Chis-chis, plof-plof
Soporte: papel
Tamaño: A3
Dirección: horizontal
Contido: parte literaria (poesía, conto, manifesto, canción, cómic, teatro, anuncio...) e parte plástica (debuxo; fotografía, collage sen relevo, por favor, porque se plastificará ...)
Extensión: entre unha e dúas páxinas por aula e/ou especialidade.
Data de entrega: 25 de xaneiro de 2008
Recordade que todos os/as artistas asinan a súa obra; polo tanto non esquezades poñer os vosos nomes na vosa obra de arte.
DEIXADE VOAR A IMAXINACIÓN!!
Un bico moi grande da vosa amiga
3 comentarios:
hola ,son unha alumna de sexto curso e creo que o libro da PAZ vai quedar moy bonito
mais bonita ca o do ano pasado
un bico
chis-chis plof-plof
lucia dopico diaz
Chis-chis, plof-plof; é verdade!:Chis-chis, plof-plof; Chis-chis, plof-plof;Chis-chis, plof-plof; Chis-chis, plof-plof; Chis-chis, plof-plof; Chis-chis, plof-plof.
Espero ver pronto ese libro e desexo que disfrutedes da celebración do DÍA DA PAZ. Xa sei que estades traballando na súa preparación... Ánimo e a colaborar a tope!. Bicos, Lucía; e reparte algúns máis entre os teus compas ;)
Ola CHISPA!escríboche para darche as grazas polos teus comentarios que sempre son tan positivos e que nos da moita alegría recibir. Seguímoste a través do blog da túa biblioteca e sempre estás a facer moitas cousas interesantes e ademáis creo que lles fas pasar uns momentos moi emocionantes aos nenos e nenas da túa escola.Unha aperta. RAIOTECA.
Publicar un comentario