martes, 29 de enero de 2008

Guerra ou chocolate? CHOCOLATE!!!! -contestaron todos.


Adiantámonos ao día, e hoxe celebramos a PAZ. Fomos subindo á Biblioteca por grupos e fixemos un montón de actividades. Escoitamos contos, disfrutamos dos audiovisuais que estaban preparados para hoxe e imaxinamos historias. Tamén vimos o libro da Paz no que estivemos traballando e... que bonito!!
Despois de escoitar e ver o audiovisual de "Marce, o carteiro" comemos chocolate!!! Mmmmm, que rico estaba. É que pasounos igual cá os protagonistas da historia:
Marce é carteiro. Cada día, montado no seu cabalo, reparte as cartas. Nas costas leva unha gran carteira. Hoxe leva unha carta moi importante para o rei.

Marce está frente á porta do castelo. Peta na porta.
-Toc, toc.
-Quen é? – preguntan dentro do castelo.
- Son Marce, o carteiro. Abre a porta.

Un soldado abre a porta.
-Que queres?- pregúntalle a Marce.
-Quero darlle unha carta ao rei delgado.
-Non está no castelo.
-Onde está entón? A onde foi?
-Está na guerra.
-¿Na guerra? Vaia desastre. Alí vou darlle a carta.
-Eh!, dáme a min a carta- dille o garda.
-Non, de ningún modo!-respóndelle o carteiro.
Marce sube ao cabalo e vaise rapidamente.

Marce no camiño atopa un pastor.
-¿Viches ao rei delgado?-pregúntalle.
-Non.
-¿Sabe onde está a guerra?
-¿A guerra? Si, nese monte- responde o pastor.
-Moitas grazas, adeus.
-Adeus, señor carteiro.

Tocotón, tocotón; Marce continúa o camiño. Entón viu ao rei delgado ao frente do seu exército.
-Eh, señor rei! Espere un momento!
-Eh! Quen es?-pregunta o rei a Marce.
-Son Marce, o carteiro.
-Que queres?
-Quérolle dar unha carta moi importante.
-Dáma axiña logo.

O rei delgado abre a carta e le o seguinte:

“Non quero facer a guerra. Os meus soldados tampouco. Por que non deixamos a guerra e vides todos ao meu castelo a tomar chocolate? ¡Vinde todos! Estades convidados. Se non queredes faremos a guerra.
Asinado:
O rei gordo”

O rei delgado preguntou aos seus soldados:
-Que queredes, chocolate ou a guerra?
-¡Chocolate!- responderon todos.

Entón o rei delgado dixo:
-Eu tamén prefiro chocolate. Estou aburrido de facer a guerra. ¡Eh, carteiro! Leva esta noticia ao rei gordo.
Marce alonxouse rapidamente cara ao castelo do rei gordo.
-¡Eh, rei gordo! ¡Non haberá guerra! ¡Todos queremos chocolate!-dixo Marce.
Os soldados responderon:
-¡Opaaa!

No castelo do rei gordo fixeron unha gran festa. Os cociñeiros repartiron chocolate para todos. A Marce déronlle a taza máis grande.

3 comentarios:

olga dijo...

Chispa, desde a Biblio de Malpica douche as grazas por prestarnos ese conto tan , tan bonito. Hoxe fomos todos moi felices escoitando ós de 4º contárnolo.
Así que, xa sabes: non perdas os costumes e segue a facer esas marabillas que enchen o mundo de alegría.
Bicos de chocolate
Eleonora Nacarina, LEO

Gonzalo dijo...

Yo también quiero chocolate... Se lo contaré a mis alumnos. Un abrazo.

Anónimo dijo...

Encantounos o conto porque preferimos
CHOCOLATE antes ca guerra.




NURIA E GLORIA.