martes, 29 de xaneiro de 2008

POLA PAZ (VII) PAZ, PAU, PAIX, MIR, PEACE, BAKE, SHANTI, FREDE, NEEDED...


Mañá é o Día da Paz, aínda que na nosa Biblioteca celebrámolo hoxe con diversas actividades que iremos presentando.

Desde hai días as bibliotecas escolares galegas colaboramos pola primacía desta, tentamos lembrar á sociedade que é a palabra a que debe vencer sobre as armas, esas palabras que voan nos libros, nos poemas, que se transmiten polo diálogo e non polas armas. Cremos que é o Amor quen debe vencer ao egoísmo, a non-violencia debe vencer á violencia e a PAZ á guerra.



Sétimo traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da PAZ

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Este vídeo demostra que a guerra só dá problemas, por iso eu digo: Veña, amigos! Cumpramos todos a PAZ.
Alberto

Anónimo dixo...

Noraboa por este blog tan bonito que tedes.
Seguide así traballando que Chispa está moi leda de nacer nese colexio.

Chispa dixo...

Claro que estou leda; cuns alumnos coma os deste colexio, calquera non o está.
Moitas grazas polos vosos comentarios.
Chispa