mércores, 27 de febreiro de 2008

HORA DE LER: MATILDA

" SE PENSAS CHEGAR A ALGUNHA PARTE NA VIDA, TES QUE LER MOITOS LIBROS"

Roald Dahl


Roald Dahl ataca de novo. Naceu o 13 de setembro de 1916 e morreu o 23 de novembro de 1990. Moitos dos seus libros como "As bruxas" ou "Charlie e a fábrica de chocolate", "A marabillosa medicina de George" pertencen xa aos clásicos máis recentes.

Os alumnos de 5º e 6º están devorando "Matilda" na "Hora de Ler". Chegando xa á metade, descubrimos a unha empedernida lectora de libros que nace nunha mediocre familia, que non ten a menor intención de molestarse pola educación da súa filla. E hoxe mesmo comprobamos ata onde pode chegar a malvada directora do colexio, a señorita Trunchbull. Pero estamos seguros de que, a señorita Honey, a profesora de Matilda, será quen de pararlle os pés e conseguirá protexer e axudar á súa alumna máis intelixente.

Quentin Blake naceu en 1932 e foi o ilustrador dos libros infantís e xuvenís de Roald Dahl. No ano 2002 concedéuselle o premio Hans Christian Andersen da ilustración.
E aquí tedes algunhas das ilustracións do que levamos lido... Ata pronto!!!

3 comentarios:

Anónimo dixo...

hola,son unha alumna de sexto.

Pareceme un libro moi interesante porque ninguén se da conta do intelixente que é Matilda escepto a sua profesora que se queda asombrada cada vez que Matilda lle di todas a tablas de multiplicar ata o doce e máis.

Ler é moi divertido pero se sabes de que vai o conto se non no no é tanto
recomendovos ler moitos libros e en especial"Matilda"

ledeo é moi interesante,fai rir moito cos seus experimentos.

bicosSsSsSsSs

Lucía Dopico Díaz

Anónimo dixo...

Hola,son unha alumna de sexto curso.

O libro de Matilda pareceme moi bonito,porque ver unha nena coma ela tan lista e tan boa e impesionante.

O que mais me gusta do libro e como Matilda soporta todo o que lle fan.


O que menos me gusta e como a directora do colexio ao q vai Matilda portase tan mal cos nenos e as nenas.


Ah!!! Vos aconsexo leer o libro de -Matilda- e fascinante.


Un saudo

Lidia Luaces Feal.

Andrade 39A dixo...

Saúdos dende Biblioandrade, moi bonitas as ilustracións de Matilda, tamén na nosa biblio é un "libro estrella". Unha aperta de RAIOTECA para CHISPA.