sábado, 23 de febrero de 2008

LASSIE



Onte 3º, 4º, 5º e 6º vimos, dentro do Programa de Prevención de Drogodependencias - CINENSINO, a película "LASSIE".

Esgotada a mina onde traballa o pai, a familia Carraclough vese obrigada a vender a súa cadela Lassie, da que se encaprichou a neta do duque. A cadela escapa sempre que ten ocasión para volver xunto aos seus antigos donos, ata que a trasladan a Escocia. Escapando dos malos tratos dun dos traballadores do duque, a cadela percorrerá centos de quilómetros para volver a Yorkshire co seu pequeno amo. É recollida enferma e abatida pola súa antiga familia, quen a coidará ata a súa recuperación. Para rematar, o duque ofrece traballo ao pai e este acepta encantado; a partir deste momento, marcharán a vivir a unha pequena casa propiedade do duque onde a neta poderá ver a Lassie sempre que queira.

É unha película emotiva que nos fai reflexionar sobre a intelixencia dos cans e, en xeral, sobre o respecto aos animais.

En 1938 Erick Night publicou un conto, cuxo protagonista era un collie, titulado "Lassie regresa a casa"; máis tarde, en 1941 adquiríronse os dereitos para a primeira película, que foi estreada en 1943.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

es bonita pero la perra da mucha pena







atentamente DIEGO 5ª

Anónimo dijo...

es bonita pero la perra da mucha pena







atentamente DIEGO 5ª

lucia dopico diaz dijo...

hola a min gustoume moito

porque era unha pelicula algo triste pero ao final acabou ben.
"Lassie" era moi linda pero de vez en cando daba moita pena eu ben pensei que morria pero foi forte e sobrebibiu

foi unha pelicula preciosa estiven atenta todo o tempo

bicosSsSsSsSsS

lucia dopico diaz

sexto

lucia dopico diaz dijo...

non maltratedes aos animais

lucia dopico diaz

Lidia Luaces Feal dijo...

hola amin gustoume moitisimo a pelicula de Lassie,aunque me deu moitisima pena porque pegaonlle a perra e porque ela escapabase dos novos donos pa ir co seu antigo dono e Lassie tubo unha valentia impresionante.


Ademais non podo entender como lle poden pegar aos animais pero bueno o mundo e asi ten q haver de todo.


un saudo

Lidia Luaces Feal.