xoves, 7 de febreiro de 2008

A QUEIMA DO MECO

A última hora da mañá xuntámonos no patio agardando escoitar os Testamentos que prepararon os cursos do 2º e 3º ciclos. As primeiras en ler o testamento foron Lucía e Laura , de 3º: "Este ano, por 3º, pasou o Meco correndo..." ; despois leu o testamento de 4º Nuria: "Xa estou farto de reunirme cos de cuarto, así que neste momento paso a ler o testamento..." ; e, por último, Edu foi o encargado de ler o de 5º e 6º: "Eu son o Meco, e antes da queima, deixo este testamento..." (Se queredes ver os testamentos podedes picar nos seus comezos e enlazaredes con eles, ou tamén podedes ir directamente ao noso Club de Creación)
Despois de cantarmos as coplas e de escoitarmos atentamente, o noso conserxe, que xa tiña todo preparado, prendeulle lume ao Meco que tanto nos fixo argallar estes días para cumprir cos seus mandados.

Quedou o Meco queimado
ata o Entroido que vén,
e aquí vos deixamos a todos
estas fotos para ver.

7 comentarios:

Anónimo dixo...

Onte foi a queima do meco máis rápida comparada coas dos últimos anos.gustoume moito.Ladiesman 217.

Anónimo dixo...

Ola somos alumnos de quinto e sexto

onte fixemos a queima do meco pasamolo moi ben a pesar de que foi moi pouco tempo

limos os testamentos de segundo e terceiro ciclo


pois nada que pazos e o mellorciño

un bico


de Edu ,Diego,lucia,Alberto e Hector

Anónimo dixo...

O TESTAMENTO QUE MAIS NOS GUSTOU
FOY O DE TERCEIRO.



LUCIA E LAURA

Anónimo dixo...

GUSTARONME AS FOTOS DA QUEIMA DO MECO
UN BICO MOI GRANDE DE LEANDRA.

Anónimo dixo...

Aqueima do meco foi moi graciosa porque os testamentos daban moita risa. Snake .

Anónimo dixo...

ola son unha nena do colexio do ceip de pazos encantoume a queima do meco e todos os testamentos un bico

nere

Anónimo dixo...

ola, son unha alumna do cole.
a min o testamento que mais me gustou foi mo de quinto e sexto de primaria,e gustaronme un pouco os de terceiro e cuarto de primaria.


un bico


de desi a alumna de quinto.