xoves, 24 de abril de 2008

FALAMOS DE LIBROS CO PRESIDENTE



Onte o noso colexio repartiuse para celebrar o "Día Internacional do Libro". De Infantil a 3º de Primaria celebrárono na Biblioteca, dunha forma moi lúdica: os máis pequenos protagonizaron a sesión de contacontos, pero esta vez era ¡Teatro de sombras! Despois viron varios audiovisuais sobre Miguel de Cervantes e tamén sobre os personaxes de "El Quijote", dos que elaboraron unhas preciosas marionetas. Xa veredes as fotos tan pronto como as nosas reporteras as teñan listas.

Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º tiñamos unha cita no Museo Pedagóxico Galego para falar de libros; así de bonito.
E ... "FALAMOS DE LIBROS CO PRESIDENTE". Tivemos a oportunidade de falar co Presidente do Goberno Galego, a Conselleira de Educación e a Directora Xeral de Educación, e de escoitar a Nerea Perille , do noso cole, e tamén a algúns dos compañeiros e compañeiras dos outros coles que estaban alí; incluso dous centros que se comunicaron "con nós" a través dunha vídeoconferencia!! Pero o máis importante é que estabamos representando a todas as Bibliotecas dos colexios e institutos de Galicia, no Día do Libro e, todos e todas, falando de libros.
Son moitas actividades de animación e dinamización que desde as bibliotecas dos nosos centros se están levando a cabo. Son moitas as ilusións e os proxectos, moitas as persoas comprometidas con eles e moitas as árbores en flor... que para iso estamos na "primavera" das Bibliotecas... Mil primaveras máis, e grazas a Pilar e a Cristina por mover toda esta engrenaxe.
Moito máis ampliada atopamos esta noticia no blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

ola!!! son Nerea,a nena que falou diante do presidente da xunta:Emilio Peréz Touriño,e a Conselleira de educación:Laura Sanchez Piñón. Gustoume moito ver tantos nenos e nenas cos seus libros.
Foi moi divertido ir a Santiago.E,foiimpresionante,ver a catedral é...como dicilo...precioso

adeus
NEREA

Asesoría Bibliotecas Escolares dixo...

Eu quero felicitar a Nerea polos comentarios que fixo sobre os libros que lle gustaron... estivo estupenda... como estupenda estivo a profe Rosana falando da lectura e das bibliotecas... e todas as nenas e nenos do CEIP de Pazos que estaban alí... que foron unha representación extraordinaria do seu cole. Felicidades a todas e tods!!! E a seguir lendo e falando de libros...
Cristina

Leo dixo...

¡Que bonita conversa para ter entre os nenos e nenas e o Presidente!
Noraboa a quenes a fixeron posible, a quen preparou a actividade e ós nenos e nenas que a disfrutaron e seguro, seguro que non a esquecen na vida.
Esperemos que tamén o Presidente e a Conselleira teñan aprendido algo dos rapaces e rapazas de Pazos.
Bicos para todos e un especial para a profe Rosana.
olga