mércores, 16 de abril de 2008

SEGUIMOS CONTANDO CONTOS NOS RECREOS



* O luns a profe Lucía contou un contiño que seeeeempre queren escoitar os nosos e as nosas visitantes, porque ten gardados os sons de medo que tanto lles gusta e lles asusta... Auuuuuuhhhhh!!!! Bruuuxass, fantaaaasmasss...
* "Que risa de rata", de Xoán Babarro e Ana Mª Fernández, foi o conto estrela desta semana. Alegrounos a todos e a todas saber que a Rata Lambelata non se puido saír coa súa. Cada neno e cada nena, e tamén as profes, tivemos un agasallo ao final da sesión, non tedes máis que mirar atentamente as fotos... Sabemos de boa tinta que Feli traballou toda a fin de semana para conseguir ese marabilloso resultado. Noraboa profe.
* Hoxe tocoulle o turno a un alumno de 5º de Primaria, Iván Batista Couselo, que nos leu "El león remolón", de Jack Tickle. E temos que darlle as felicidades desde aquí porque o fixo moi, moi ben.
* Mañá tócanos ilustrar... e moi axiña veredes máis fotos. ATA PRONTO!!!

Ningún comentario: