"Meus queridos nenos e nenas, na miñas viaxes por todo o mundo teño atopado moitos contos. Algúns son semellantes aos que xa coñecemos no noso país, pero outros son totalmente descoñecidos. Hoxe quero contarvos un que escoitei nunha rexión de Italia, chamada Friul, nunha fría noite de inverno, a carón da lareira.
Érase unha vez un neno chamado Pedro, que ía a escola..." O neno no saco. Xosé Ballesteros.
Continuamos cos contacontos nas horas dos recreos. Ás doce da mañá visitounos a nosa contacontos de hoxe, a profe Mª Carmen. E nun recunchiño, ailladas do resto da Biblioteca, escoitamos a historia de Pedriño Pedrón e a Bruxa Bibruxa. E ademais aprendemos que non se debe faltar á escola, non sexa que nos atopemos cunha bruxa famenta. Ha, ha, ha!
Grazas, Mª Carmen por facernos pasar este ratiño tan agradable!
Ningún comentario:
Publicar un comentario