venres, 9 de maio de 2008

PINTURA EN ACCIÓN - Próxima visita de Carmen Martín

Hoxe recibimos un fax urxente de Chispa anunciando a próxima visita da pintora Carmen Martín. Atentos e atentas ao martes 13!!
Chispa tivo o detalle de enviarnos tamén a carta para que a publiquemos no blog. En resumidas contas agardamos que nos acompañedes o martes pola tarde para compartir con nós "PINTURA EN ACCIÓN"



País dos libros, 9 de maio de 2008


HORA DE ...

“PINTURA EN ACCIÓN”

Ola, queridas nenas e queridos nenos:

Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof
Escríbovos esta carta para comunicarvos que o martes que vén, o día 13, vai vir á nosa Biblioteca, e ao noso colexio tamén, claro, unha pintora ferrolana que se chama Carmen Martín.
¿Recordades aquela exposición de pés que vimos na saída que fixeramos ao Campus de Esteiro? ¿Recordades a noticia que saiu no blog? Pois ben, esa mesma pintora estará con nós durante todo o día, e vai facer unha actividade que se titula... “PINTURA EN ACCIÓN” !!!!!

Chis, chis-plof,plof Ela vai traballar mentres nós estamos na Biblioteca, nas clases, no patio... e, pola tarde... seguirá pintando, e pintando, e pintando, e pintando...

Chis, chis-plof,plof Podedes invitar aos vosos pais e nais, e aos avós e avoas a que veñan pola tarde a pasar un ratiño e a disfrutar con nós dese día tan especial.

Recórdovos que se queredes saber máis sobre ela e a súa obra, tedes toda a información no noso blog: http://biblospazos.blogspot.com/, e tamén na súa páxina http://carmenmartin.com/
Espero a vosa colaboración, un bico; non, dous; non, tres:
tres bicos da vosa amiga

Carmen Martín tamén anuncia a visita no seu blog.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Carmen Martín pintounos a media a clase moy ben parecianos moito sobre todo iván e edu.


Eu creo que Carmen Martín empezou desde moi pequena por iso nos parecemos moito.

Anónimo dixo...

Ola son Alberto un neno de 5º. A pìntora pinta de maravilla a min abraioume moito.