O Equipo de normalización Lingüística e o Equipo de Biblioteca vén de facer entrega do número 15 da nosa Revista Escolar "A Peneira". Por quince anos consecutivos a portada de Xaquín Marín introdúcenos nas actividades de todo un curso. E por segundo ano, consecutivo tamén, ofrecémola en formato dixital. Desta forma podemos disfrutar dela a toda cor.
O traballo e a ilusión con que se prepararon todas estas actividades son os ingredientes necesarios para obter uns resultados coma os que podedes ver nestas páxinas. Saídas, visitas, teatro, relatos, poesía, celebracións, experiencias, despedidas... Un curso máis tocou ao seu fin. FELIZ VERÁN A TODOS E TODAS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario