Rematando xa o curso, facemos un repaso por algunhas das actividades que se levaron a cabo na Biblioteca. Sabemos que moitas familias teñen acceso nos seus fogares a esta páxina; para os que non, poderán ver este traballo e outros na Exposición da Biblioteca que se preparará para o último día 20, aproveitando a invitación que se fai ás casas para que disfruten do Festival de Fin de curso.
Poderedes ver a partir de hoxe o libriño das tres pezas de teatro que os alumnos e alumnas de 2º, 4º e 5º e 6º representaron este ano na Biblioteca, o 27 de marzo no apartado deste blogue: Traballamos na Biblioteca. Ata o momento tiñamos as fotos e o recordo daquel día, agora podemos acceder ao texto adaptado para tal fin e tamén disfrutar das ilustracións que fixeron para completar este pequeno traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario