mércores, 11 de xuño de 2008

VIAXE A MANZANEDA




Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria fomos de excursión a Cabeza de Manzaneda, pero antes paramos en Monforte de Lemos (Na foto podedes ver a Torre da Homenaxe). Fixemos un montón de actividades como... karts, piscina, tiro con arco, xogos no pavillón polideportivo, xogos populares, equitación, escalada nun rocódromo, que medía 18 metros de altura, ¡Que medo!


Ademais puidemos bailar na discoteca ata as doce da noite.
Durmimos nun bungalow; pouquiño –di Lucía-. Estabamos repartidos en dúas habitacións, os nenos nunha, as nenas noutra, e as profes nunha tremenda habitación de “medio-cuarto-quilo-de-cacho-e-medio”, enriba de nós. Lástima, como era de madeira, podían escoitar case todo. Grrrrrr!
A verdade é que o pasamos fenomenal.
De volta a casa paramos en Ourense e visitamos As Burgas e a Catedral.



IVÁN: “Gustoume moito
DESI: “Foi moi divertida”
DIEGO: “Gustaríame quedar máis tempo” ALBERTO: “O que máis me gustou foron os karts”
XERE: “Gustaríame repetir” LUCÍA: “ Sentinme máis cerca dos meus compañeiros. Creo que foi unha excursión na que estivemos moi unidos” GIOVANNA: “Foi unha experiencia fantástica”
TAMARA: “Sentín moita alegría” LIDIA: “Gustoume pasar tanto tempo cos meus compañeiros. Volvería a repetir”
EDU: “Paseino fenomenalmente ben”
NEREA: “Gustoume a última noite porque o pasei fenomenal”
ALBA: “ Eu non sei que poñer”
HÉCTOR: “Pasámolo moi ben”
VÍCTOR: “ Repetiría absolutamente todo, ata o último segundo"



Catorce nenos e nenas de 5º e 6º ilusionados por facer esta excursión; durmir fóra da casa... buaaaá!, unha piscina climatizada..., montar a cabalo...!

Compartimos o autobús e a discoteca con outro cole de Ferrol , "San Rosendo", a quen enviamos un saúdo desde aquí e agradecemos que nos servisen de guía por Ourense.


Felicitamos a todos e todas polo seu magnífico comportamento e desexamos que esta viaxe perdure nas súas memorias durante moito, moito tempo.

6 comentarios:

Anónimo dixo...

Eu volveria repetir todas as veces que puidese.

Un saúdo.

Alberto 5º

Anónimo dixo...

esta excursion foi inolvidable recordareina toda a vida


creo que tamen e unha meneira de coñecer mais a fondo aos teus compañeiros

voume do cole este ano pero voume coa cabeza ben alta de saber que me levo uns vos compañeiros e uns vos profes que me ensinaron todo o que non sabia


moitas grazas por todo
pero...

eso si pasarei polo cole a visitarvos eso si

jaja


muitos bicos

lucia dopico diaz

Chispa dixo...

Pero bueno, Lucía, que me toca contestar por alusións; que eu che ensinei BOS COMPAÑEIROS E BOS PROFES. ¿Será que ese teclado ten as teclas moi xuntas? AAaaahh, vale, vale, era iso, non?
Alégrome que disfrutases nesta última excursión. Nós tamén estamos orgullosas de compartido con vós estes días, fostes uns bos compañeiros de viaxe, e tanto Lucía R. coma min recordarémola con agarimo.
Un bico para os dous: para Alberto Vargas e para Lucía Dopico.
A vosa profe.

Anónimo dixo...

Encantoume moito esta excursión encantaríame repetir.Vaime ser moi dificir marchar do colexio.Eu coma Lucía ireis visitarvos cando poida.

Anónimo dixo...

esto é para a profesora Rosana de parte de ladiesman 217, que tal polo colexio.





con cariño

ladiesman 217

Anónimo dixo...

vou volvelo dicir``repetiria todo,ata o último segundo´´





asinado:

ladiesman 217.