xoves, 30 de outubro de 2008

CANTAR E CONTAR... CON KALANDRAKA


Onte, os nosos alumnos e alumnas máis pequenos, xuntos cos grandes de 1º, 2º e 3º fixeron unha saída ao Centro Cultural Carballo Calero para ver a Exposición de Kalandraka: "Cantar e contar. Ler na nosa lingua".
A exposición de contos clásicos era preciosa. "A ratiña presumida", "A casiña de chocolate", "Os sete cabritiños", "A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella", "Os tres osos" e "A batalla de naipes".
Primeiro presentáronnos o conto de Solaina e cantaron unha nana. Contáronnos, coa axuda do clarinete, "A ratiña presumida"
Despois contaron "A casiña de chocolate" e déronnos un GRAN SUSTO cun pandeiro.
E, para rematar, contáronnos o conto que non é tradicional cunha baralla de naipes graaaande: "A batalla de naipes". Tocaban a pandeira mentres contaban a historia.
Ao remate, mentres esperabamos polo autobús xogamos á roda diante da Biblioteca. Que ben o pasamos!

Felicidades a Kalandraka. Todos chegamos encantados!

Ningún comentario: