martes, 28 de outubro de 2008

E nos medios falaron de nós...



Ferrol celebra o Día das Bibliotecas Escolares inaugurando as novas instalacións de Pazos Martes, 28 de outubro de 2008 O alcalde, Vicente Irisarri, destacaba o valor da lectura como garante dos principios de igualdade e liberdade. O rexedor e a edil Mercedes Carbajales aseguran que o Concello priorizará as inversións neste tipo de servizos.
O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, acompañado da edil de Educación, Mercedes Carbajales, e en compaña dos 75 alumnos que acuden cada día ao CEIP de Pazos e dos docentes que integran a plantilla, inauguraron onte a nova biblioteca do centro. Coincidía cunha data moi especial, o Día das Bibliotecas Escolares e, antes de acceder ás instalacións e en nome da cidadanía, o rexedor agradecía á comunidade educativa o seu esforzo e traballo para inculcar nos nenos e nenas en idade escolar uns valores esenciais para facelos persoas libres. Aseguraba que os libros permitían coñecer outras realidades e outros pensamentos, garantindo os principios fundamentais de igualdade, xustiza e liberdade. Nesta liña, o rexedor ferrolán comprometeu o apoio da Administración local para continuar investindo en Educación porque, dixo, “é a base duns principios fundamentais como son a liberdade, a igualdade e a xustiza”. Nesta liña, Mercedes Carbajales animaba aos nenos e nenas a seguir cultivando a paixón pola lectura e expresaba o seu compromiso de compatibilizar os investimentos en obras de mellora nos centros educativos e, tamén, naqueles servizos que, como o comedor escolar ou a biblioteca, permiten avanzar na formación integral da persoa, sen esquecer os seus beneficios para a conciliación da vida familiar e laboral. Así mesmo, o director do centro, Xosé Ramón Carreira, quixo agradecer tanto a colaboración das administracións para dotar ao colexio destas instalacións como o esforzo de pais e nais e docentes para lograr esta realidade. Nesta liña se pronunciou a encargada da biblioteca, Rosana Rodiles, quen recoñeceu que era un día moi especial para o centro. Poñendo as declaracións en boca de Chispa, unha personaxe misteriosa e máxica creada para o fomento da lectura entre o alumnado do centro, agradeceu o esforzo de tódalas administracións para permitir dotar ao centro dunhas instalacións como as que onte se inauguraron. Referiuse neste contexto ao Plan de Melloras das Bibliotecas Escolares posto en marcha e que, nos últimos tres anos, contribuiu a facer realidade as novas instalacións. Rodiles tamén subliñou que as bibliotecas supoñen un recurso moi eficiente para completar a oferta educativa porque permiten formar a persoas libres e creativas. E, nesta liña, reiterou o agradecemento á Administración, á ANPA e ao claustro, pero sobre todo ao alumnado. No mesmo senso se manifestaba o escritor e profesor Antón Cortizas, que loubou o traballo do profesorado por entender a diferenza entre educar e ensinar. “Educar permite formar ás persoas nuns principios sólidos”, engadiu antes de lanzar unha pregunta ao aire. “¿Para que sirve un libro?” exclamou, para respostar de seguido “para soñar, polo que ás bibliotecas deberiamos de chamarlles soñotecas”. Así mesmo, os alumnos e alumnas do CEIP de Pazos tamén tiveron oportunidade de amosar a súa satisfacción polo novo servizo co que conta o centro. Dous alumnos de 6º de Primaria, Nerea e Alberto, subliñaron que se trata dun lugar para aprender, ler e entreterse, rodeados de maxia. Logo da inauguración, o alumnado agasallou a tódolos presentes coa proxección dunha curtometraxe de animación realizada por eles mesmos. O Concello, a través do departamento de Educación, quixo poñer o seu grao de area cedendo un lote de libros ao catálogo de fondos da nova biblioteca escolar.


**Tamén fanse eco da nova no "Diario de Ferrol":






2 comentarios:

Loly dixo...

Pero que ben saides/saimos!! (jejeje)
Agora só queda que os "políticos" cumpran o prometido...
E digo eu, que ides facer con tantos "investimentos"???

Anónimo dixo...

se podria dicir que esta biblioteca é a mellor do mundo.




ladiesman 217