martes, 14 de abril de 2009

Así foi o traballo: BONECOS SACAPENAS PARA GAZA

Cando semanas atrás contabamos que nos sumabamos á iniciativa do CEIP A Rúa de enviar bonecos Sacapenas a Gaza, faltounos por ensinarvos as fotos dos obradoiros. Sobre estas liñas e tamén debaixo delas, tedes aos máis pequenos, aos nenos e nenas de Infantil. Mirade que bonecos tan preciosos fixeron. A que teñen boa maña?

E os nenos e nenas de Primaria tamén traballaron arreo. Uns serraron as figuriñas de madeira para despois vestilas; coseron, pegaron, debuxaron; anoaron cordóns, las de cores...

Desde o CEIP de Pazos, desexamos que os nosos bonecos SACAPENAS cheguen a eses nenos e nenas de Gaza moi axiña, e que lles poidan transmitir todo o agarimo que levan gardado nos seus CORAZÓNS de TRAPO.

8 comentarios:

Leo dixo...

Moitos bicos de lá e trapo.
Tamén para os nenos e nenas de Pazos

sara dixo...

Hola son Sara, boa iniciativa. Felicidades polo voso blog.
Moitos bicos.

bibliotecadocole dixo...

Preciosos os Sacapenas,casi tan bonitos como eses nenos e nenas que os fan.
Biquiños para todos

Loly dixo...

Se todo ese agarimo que se ve nas fotos se poidera transmitir, non habería máis penas en Gaza nin no mundo.
A min, esta iniciativa ségueme a emocionar.
Parabéns ás nenas e nenos de Pazos e por suposto ás profes.
Bicos sacapenas dende Fene

Blogmaníacos dixo...

Me ha gustado mucho vuestro blog, por eso os he dejado un premio en el nuestro.
Espero que os guste.
Un saludo.
Conchita.

Encarna dixo...

Parabéns por eses fantásticos bonecos sacapenas. Seguro que ás nenas e nenos de Gaza lles fará moita ilusión recibilos.
Bicos de Raioteca.

profe Rosa dixo...

Encántanme as fotos dos máis pequechos... e que teño que recoñecer que son a miña debilidade! Grazas por facer especial e diferente cada un dos meus días. Bicos da súa profe!

CEIPARUA dixo...

Os/as pequerrechiños/as son a miña debilidade. Estou emocionada, non teño palabras.
Un bico primaveral de...
...perfume de xazmín para todos e todas