Xa pasaron moiiiitos días pero din que nunca é tarde...
Coincidindo co 27 de marzo celebramos o Día da Poesía e tamén o Día do Teatro. Así, cada clase encargouse de preparar algunha pequena peza de teatro lido, como foi o caso de 2º, xunto á súa profe Mª Luz; ou o recitado de poemas, de 4º e de 6º; mesmo tivemos a dous regueifeiros: Paula e David, de 3º de Primaria.
Tamén houbo unha sesión de monicreques. A profe Nazaret foi a narradora, pero non sabemos quen estaría detrás porque as profes mandáronnos pechar os ollos! Así calquera!
Ningún comentario:
Publicar un comentario