* Estamos escollendo os nosos libros favoritos; e máis adiante dirémosvos os resultados. Hai un montón seleccionados, pero non sabemos se haberá algún destacado...
* Ademais, este ano, para celebralo, decidimos elaborar uns contos colectivos en cada clase, pero é unha tarefa moi traballosa e aínda non están rematados. ¿Queredes saber como empeza o conto colectivo de 5º e 6º?
"Un pequeno grupo de velliños e velliñas subiu traballosamente os chanzos que levaban á Biblioteca do seu antigo cole. Emocionados ao verse repartían sorrisos, bicos e apertas entre eles. Celebraban o 75º aniversario da súa saída do colexio... Corría o ano 2084.
Puxéronse a recordar as vellas anécdotas da súa infancia. Despois de tanto tempo, lembraban, coma se fose ese mesmo día, a misteriosa desaparición de..." (Continuará)
LA VERDADERA HISTORIA DE LA NAVIDAD
-
La historia de la verdadera navidad, una ficha interactiva de gorogui
live*worksheets.com*
Hai 3 anos
7 comentarios:
Pois eu xa estou desexando saber como remata ese conto...
Feliz Día do Libro, que son todos os días!!!
Parabens para vos tamén pola distinción que nos facedes co voso cariño. Grazas
Endora de Felices Lecturas
Corre o ano 2084.Chámome Guille. Teño 75 anos. Cóntame miña nai que recorda aqueles días como si fosen hoxe.O colorido da entrada; ese laranxa disque convidaba a subir a aquela biblioteca presidida por unha bruxa amiga.Se fai un esforzo ainda lembra o seu chis-chis, plof-plof...Os libros, os nenos e nenas, o balbordo, a Rosana... ¡Que lembranzas!
Feliz Día do Libro e grazas por tantas lembranzas e boas historias.
Apertas.
Grazas Guille polas túas confidencias. Alégrame saber que a túa nai e mais eu compartimos eses recordos e non poucas e marabillosas sensacións. Chis-chis, plof-plof.
Ela foi unha das profes que me descubriron durmida dentro dun libro na Biblioteca. Aínda recordo a súa cara de susto cando empecei a falar e a sacudirme o po do meu vestido. Haa, haa, haa! Foron moi bos tempos, si señor!
Grazas a vós polas lembranzas e pola continuación das historias.Chis-chis, plof-plof.
Bicos da vosa amiga.
A biblioteca 'Bibliocaxado' quere deixar por aqui un presente para esta biblio amiga: o premio Olha que blog Maneiro!http://biblocaxado.blogspot.com/2009/04/premios-para-o-blogue-da-biblioteca.html
Ola, saúdos desde Muros. Facémosvos o agasallo de serdes Blog Maneiro. Se non sabedes en qué consiste, podedes visitar o noso blog. Bo traballo e ánimo, que hai quen vos olla
En Bibliobarro (http://bibliobarro.blogspot.com) temos un agasallo máxico para vós. Felicidades polo voso traballo.
Publicar un comentario