luns, 4 de maio de 2009

POESÍA E IMAXE

Puff era un dragón máxico
que vivía no fondo do mar
mais aburríase moito só
e saía a xogar.

Tamén había un neno pequeno
que o quería moito
e se encontraban na praia
xogando de sol a sol.
Esta é Marisol Suárez Monteiro xunto á súa familia e o seu debuxo gañador. Quen viu algunha vez un dragón máxico máis fermoso?

No Centro Cultural Carvalho Calero, na praza do Inferniño de Ferrol, tivo hoxe lugar a entrega de premios do IX Certame Poesía e Imaxe. Un ano máis temos que felicitar á Coordenadora das Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra por esta iniciativa na que cada curso temos o gusto de participar; a ao Concello de Ferrol por manifestar o seu apoio á mesma.

Unha representante da Coordenadora e a edil de cultura Mercedes Carbajales foron as encargadas de entregar os premios. Nas fotos podedes ver os premiados e premiadas dos colexios públicos e privados, CPIs e Institutos, aínda que a participación foi moito máis alta, claro. Felicidades a todos e todas pola calidade dos vosos traballos.


Se premedes na imaxe anterior teredes acceso ao álbum fotográfico da Coordenadora de Equipas de Normalización lingüística de Ferrolterra, onde aparecen todos os traballos premiados. Botade unha atenta ollada para apreciar a calidade dos mesmos.
A exposición estará aberta ao público do 4 ao 8 de maio no seguinte horario: 10.30 a 13.30h. e de 17.00 a 20.00h.

2 comentarios:

Chispa dixo...

Felicidades, Marisol, por ese debuxo tan bonito de Puff. Alegreime moito cando me enterei de que gañaras o premio. Espero que nos leves o libro ao cole para que o poidamos ler todos.
Ah! e tamén espero que sigas traballando así de ben e que as túas profes, e o teu papá e a túa mamá estean moi contentos contigo.
Noraboa e un bico moi grande da túa amiga Chispa.

Begoña dixo...

Noraboa Chispa con rapaces tan xeitosos tes que estar moi orgullosa, nótase o bó traballo des@s prof@s do teu cole, e ademáis a maxia da biblio que vos engaiola a todos.
Noraboa ao gañador e... qué ben saiu a nosa Carmela (xefa da Equipa)!!!!
Un bico desde o Blogfesquío