martes, 5 de maio de 2009

Poesía e Imaxe 2009 II

Como ben sabedes, este foi o traballo gañador, o dragón de Marisol, un poema escrito en lingua catalá e traducido ao galego. Pero houbo outros seleccionados no noso colexio: o debuxo de Paula Cobo Menéndez, de 3º, que tamén ilustrou "Puff, o dragón máxico"; e o de Desiré López Prieto, de 6º de Primaria, que puxo imaxe ao poema de Antía Otero.







Despois do día de onte, chégannos os ecos da prensa, Diario de Ferrol e mesmo do Concello de Ferrol, da entrega dos premios do IX Certame de Poesía e Imaxe. Unha vez máis podedes acceder aos traballos a través do blogue da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.


2 comentarios:

Chispa dixo...

Acabo de ler esta noticia e quero felicitar especialmente a Paula e a Desiré polos seus traballos; e a todos e todas pola vosa participación e entusiasmo.
Espero poder ver pronto unha exposición con todos eles; mentres tanto, moitos bicos da vosa amiga Chispa... Chis-chis, plof-plof...

Anónimo dixo...

felicidades marisol¡¡!!¡¡!!
paula e desi o mesmo
bicos nerea