Ou o que é o mesmo: Maxia na Biblioteca de Pazos.
¿Imaxinades o que é ver ao Mago Caio e á Maga Laretas en acción? Pois non, non o imaxinades; ou estades alí, ou non sabedes o que é. E se non, preguntádelle ao público tan entregado que tiveron o pasado venres.

Ademais, entre os dous chamaron a Chispa, e alí chegou a súa maleta con carta, libros e lambetadas incluídas!
Así despedimos á nosa compa Mª Luz, cun sorriso e un bico moi grande, porque se hai algo que sabe facer é SER MESTRA, e ademais así, con maiúsculas.
Así despedimos á nosa compa Mª Luz, cun sorriso e un bico moi grande, porque se hai algo que sabe facer é SER MESTRA, e ademais así, con maiúsculas.
Está prometido que Laretas nos fará unha nova visita, ou varias..., o curso que vén; e nós xa estamos esperando. Ata cando queira; porque ninguén manexa o "varón" (vocabulario técnico da maxia de Caio e Laretas) mellor ca ela, porque Caio necesita á súa compa, porque ten unha capa moi fermosa e porque a queremos!
ATA SEMPRE!
Ningún comentario:
Publicar un comentario