lunes, 22 de junio de 2009

Festival de FIN de CURSO

Xa chegan as últimas novas. Hoxe celebramos o Festival de Fin de Curso, e invitamos ás familias para que disfrutasen con nós dunha grande variedade de actuacións; este foi o programa e estas as fotos que nos quedan de recordo.

"A fala", de Manuel María abriu o festival, a cargo de 5º e 6º de Primaria.
"A ratiña curiosa", canción dos máis pequeniños, Infantil de 3 anos.
"A princesa Carolina", obra de teatro de 2º.
"A raspa", danza mexicana de 3º.
"A cor do oso polar", a canción dos nenos e nenas de 4 e 5 anos.
Power Point sobre a vida de Ramón Piñeiro. 4º de Primaria.
"O raio", tema da película Grease, baile de mans de 5º e 6º.
"Teño unha cadela branca", poema e "A saia da Carolina", canción; ambas a cargo dos nenos e nenas de 1º.
"A Muiñeira Xuliana", danza de 3º e 4º de Primaria.
"Marcha Turca", de Mozart, acompañada con percusión polo alumnado de 3º.
"Muiñeira de Lugo", danza de 2º
"Rafles", diálogo do libro "Natacha" de Luis María Pescetti, 5º e 6º de Primaria (Gloria e Nerea)
"Baile sorpresa", de 5º e 6º (Nuria, Desi e Nerea)
Exhibición do alumnado que asistiu a Judo nas actividades extraescolares, e entrega de premios e medallas por parte da ANPA.

A todo isto temos que engadir que a propia ANPA colaborou co centro elaborando os DVDs coas fotos de todo o curso, que hoxe se repartiron xunto coa revista escolar. Ao finalizar o festival, e antes da exhibición, agasallaron ao alumnado de 6º cos diplomas e unhas fermosas orlas de recordo do seu paso polo centro. MOITAS GRAZAS desde aquí POLO VOSO TRABALLO !

Pero hoxe foi un día moi especial por diversos motivos, e as emocións protagonizaron toda a mañá. Como cada ano por estas datas, 6º despídese; e crédeme, como meiga que son, que é moi difícil dicirlles adeus, despois de estar tanto tempo xuntos, de ver os seus cambios, de aprender con eles e de acompañalos tantas e tantas horas ao longo dos cursos: Iván, Desi, Diego, Nerea, Lidia, Héctor, Alba e Alberto, seguide medrando coa lectura! Parabéns polo voso traballo!

As outras emocións viñeron da man das tres compañeiras que nos deixan, e ás que botaremos moito de menos. No festival, os seus alumnos e alumnas agasalláronas cuns preciosos ramos de flores, porque, se cadra, sexa unha das formas máis bonitas e claras de expresar eses sentimentos encontrados: pena porque se van e alegría porque saben que as nosas/súas portas están abertas para encontrarnos sempre!
Moitos bicos para as tres, Lucía Ruiz, Lucía Carracedo; e Carmen López, Mª Luz ; )


3 comentarios:

profe Rosa dijo...

Seica son unha pesada, pero non podo deixar pasar a ocasión para dar as miñas máis sinceras grazas aos meus alumnos/as por facerme pasar un curso inolvidable, xunto coas súas familias; grazas aos meus antigos compañeiros/as de traballo que fixeron que os seus proxectos fosen meus tamén; pero sobre todo grazas á xente que traballa conmigo que máis que compañeiras/os volvéronse verdadeiras amigas/os.

Lucía R. dijo...

Enhorabuena a todos: alumnos/as, profes, ANPA... Habeis trabajado mucho, con ilusión, y eso se nota. El CEIP de Pazos es un magnífico centro que nunca olvidaré y del que seguiré todas sus actividades. Siempre llevaré conmigo ese Chis-Chis, Plof-plof tan emocionante y lleno de sorpresas.
No cambies nunca Chispa!!!
Biiiiiicos.

Chispa dijo...

Lucía, deséxoche toda a sorte do mundo e unha máxica biblioteca chea de libros e ilusións esperándote no teu novo destino.
Un Chis-chis, Plof-plof marcha contigo, pero o outro queda con nós; se cadra, algún día volverán a renovar sorrisos e sorpresas.
Tres bicos, para compartir.