Martiña era unha nena moi asustada. Un día, Martiña foi xogar cos seus amigos e amigas, entón Martiña contoulles que tiña medo. Os amigos e amigas non podían crelo.
Fronte á súa casa había unha casa encantada. É unha casa encantada, dixo o seu pai. Foron comer a casa de Martiña para saber se era verdade.Ela non paraba de temblar e os nenos tampouco paraban de temblar. Así decidiron entar na casa encantada. Había moitas pantasmas e saíron correndo, e incluso houbo que pechar a ventá. Por iso tiveron que correr ata o cuarto de Martiña. Todos tiveron moito medo.
Pola noite tiveron que quedarse a durmir na casa de Martiña.
-Tanto medo tedes?- Díxolle a nai de Martiña.
Pero non lle dixeron nada porque seguían a temblar.
Pola mañá Martiña e os seus amigos e amigas almorzaron. Despois foron á casa encantada e fixéronse amigos da pantasma.
FIN do conto de Xana Fernández de 3º.
FIN do conto de David Medín, de 4º
"O MISTERIO DOS IRMÁNS PENA"
Colas e Xoán vivían nunha pequena aldea. Eran os únicos pequenos que habitaban o lugar, o resto dos veciños que alí vivían non baixaban do setenta anos.
Maruxa e Pedro eran os avós dos irmáns Pena, que se quedaran orfos de pequenos.
Unha noite fría de inverno, os veciños reuníronse na casa dos avós dos cativos.
Os vellos adoitaban reunirse sempre na casa dun veciño distinto. Eran unhas reunións moi misteriosas nas que non deixaban acudir nin a Colas nin a Xoán. Pero como todos os cativos da súa idade, tiñan moita curiosidade por saber os motivos desas reunións tan misteriosas.
Aquel día pasárono argallando como ían facer para que non os descubrisen mentres escoitaban. Despois de moito cavilar decidiron agocharse nuns vellos baúis que había no comedor da casa. E alí agochados, escoitaron a voz de Xulián, o máis vello do lugar.
-¡Maruxa, Pedro! Hai que desfacerse deses vellos baúis nos que desapareceron os nosos fillos e netos.
Aquelas foron as últimas palabras que os pequenos escoitaron, xa que nunca se soubo máis dos irmáns Pena.
FIN do conto de Lucía Huergo Pita, de 5º
"O CASTELO EMBRUXADO"
Había unha vez, nun pobo de Hungría, un castelo no que hai moito tempo, vivía unha meiga chamada Rosa. O castelo levaba moitísimo tempo pechado, pero un día chegaron uns compradores e foron ver o interior. Cando entraron, estaba todo negro. No salón había unha cadeira, pero estaba moi dura, e notou algo que estaba levantado. De repente a muller caeu ao chan, pero non se mancou.
Despois subiron ao cuarto, que era dunha meiga, e, detrás da cama giron unha sombra vermella.
O comprador apartou a cama da parede, e a sombra... ¿Sabedes de quen era? Pois era da meiga. Carmen , a compradora, achegouse á parede e viu que a sombra se lle estaba achegando, pero non era unha sombra. Era o espírito da meiga. O espíritu da meiga meteuse no corpo de Carme! Carme colleu tanto medo que empezou a berrar e saíu correndo do castelo. Despois toda a xente do pobo foise de alí.
E dende aquela, ninguén se volveu a achegar ao pobo. Despois de dous días, o espiritu da meiga Rosa empezou a rondar polo pobo e xuntouse cos mortos do cemiterio.
Dende aquela, chámanlle ao pobo: "O pobo dos espíritus". E así remata esta historia.
FIN do conto de Laura Sanjurjo, de 5º
"A MALDICIÓN"
Hai moito, moito tempo, pasou unha cousa que ninguén puido contar, porque unha bruxa dixo que quen escribise a historia, que contase a historia, quen a mencionase e quen a lese, estaría maldito para toda a vida.
Eu vóuvola contar porque teño 154 anos, e penso que esa maldición só actúa coas persoas que teñan menos de 100 anos.
Érase unha vez un rapaz chamado Alberto, que era moi fisgón. Un día entrou no castelo da bruxa Matilda, onde vivían 10 fantasmas. O neno entrou no cuarto número 1, que era o máis perigoso, porque alí durmía a bruxa Matilda. O neno, cando se deu conta de que ese era o seu cuarto, quixo saír, pero a porta cerrouse con forza.
Estaba atemorizado, e ao pasar cinco minutos, soou un gran estrondo e a porta volveuse abrir. O rapaz saíu do cuarto dun chimpo e apareceu a bruxa da nada cos pais de Alberto. O neno berrou:
-Papá, mamá!! Non lle fagas dano aos meus pais; eles non entraron aquí; fun eu.
-Dáme igual. Vouvos maldicir a todos. Se algún de vós conta algo desta historia morrerá. Haa, haa, haa!
A familia que non cría nos feitizos contouno e todos morreron.
Ata hoxe ninguén volveu mencionar a historia, e quen a mencionou agora, ou está morto, ou é un fantasma dos 10 que viven no castelo.
Se liches isto ou o escoitaches, estás... MALDITO!!
FIN do conto de Gloria Chao Calvo, de 6º
"MARTIÑO VOLVEUSE LOBO"
Un escuro día de Samaín, un gran lobo rondaba por Street Park. Cando Martiño saíu da súa casa para xogar con Xoán, o seu cadelo, de repente Xoán empezou a ladrar. O can ladraba porque detrás de Martiño estaba o lobo. Atacoulle. Martiño berrou, pero o seu berrido empezou a converterse nun estraño ouvido. No corpo de Martiño empezou a medrar un longo pelo negro; os seus dentes empezaron a afiarse. en fin, Martiño convertérase nun...home lobo.
Agora Martiño dorme nunha canceira, non nunha cama, e come penso de cans.
Pasado un tempo, Martiño viu un neno chamado Randolf, e foi asustalo. O malo era que o neno non lle tiña medo, e facíalle caricias, e ata lle daba ósos de polo para comer.
Grazas á bondade do neno, Martiño converteuse outra vez en neno.
Iso si, espido.
FIN do conto de Rubén, de 6º
4 comentarios:
RAIOTECA quere felicitar a todos os rapaces e rapazas autores deses contos de medo: a Xana, Lucía, Paula, David, Lucía H., Laura, Gloria e Rubén. Cos vosos relatos facedes que pasemos uns momentos de medo!!!
PARABÉNS!!!
BICOSSSS DE RAIOTECA.
P.D. Seguro que Chispa está na súa salsa lendo estes contos...
Grazas, Chispa, por avisarme para que eu tamén poida ler eses contos tan chulos e tan ...SUPERMEGAARREPIANTES!!!
Hola Biblioteca de Pazos y ¡Chispa también eh!, ¿Qué tal?
Nosotros por aquí muy bien y espero que por ahi también.
A Nerea,Ivan,Desi y a mí (Alberto Vargas) nos gustaron mucho los cuentos.
Y con esto nos despedimos:
Hasta otra vez
Ah y Rosana si hay faltas de ortografía perdonanos Jaja aún no tenemos dominado ese tema...
Encántame atopar os comentarios dos ex alumnos e alumnas. Polo que vin este último comentario está moi ben escrito; logo non creo que a profe se teña que preocupar.
Ela, igual ca min, envíavos moitos bicos e agradece o voso paso polo blog.
Apertas agarimosas de Chispa.
Publicar un comentario