Hoxe a profe Feli recitounos un poema que ela escribiu, adicado á educación vial; e o protagonista é un coche de policía: "Atención pola estrada"
Este é o poema que puxo en circulación a moitos coches nas "aforas da biblioteca". Ata houbo atascos... vede, vede...
¡ATENCIÓN POLA ESTRADA!
Ning, nong, ning, nong…
Atención nenos e nenas
grandes e pequenos,
eu son o coche da policía
e veño moi contento vervos.
Dentro levo un material moi especial:
a miña xefa policía
que con esa cariña de boa
mete multas a quen máis corra.
Tamén teño un semáforo
con tres cores moi bonitas,
a verde para pasar,
amarela frear
e na vermella, atención! hai que parar.
¡Que sinal tan importante!
na que todos debemos fixarnos;
no STOP sempre, sempre pararemos,
despois miraremos
e se non vén ninguén, pasaremos.
E que me dicides desta figura?
parece un sombreiro de pallaso,
pois se o vemos na estrada
algo indica ao noso paso.
Mais ben teremos que desviarnos
por algo moi especial,
poden ser obras na calzada
ou pintado na beiramar.
E con estes catro personaxes
imos todos aprender
Educación viaria moi fácil
e todos e todas a obedecer.
Xa remato por hoxe
vou a outro lugar
informar a outros nenos
do que na rúa pode pasar.
Ning, nong, ning, nong….
Adeus, adeus….
Letra: Feli Fresco
1 comentario:
Ai! Que pena!!! Perdinmo todo!!! Pero que sería iso tan importante que estaba a facer eu para perderme tal acontecemento... Bueno, querida Chispa, isto ten fácil remedio: so hai que convencer a Feli de facer uns bises. E iso tí o tes máis que requetechupado!!!
Publicar un comentario