Como xa vén sendo habitual nestas datas reunímonos todos os cursos na BIBLIOTECA para festexar dous momentos importantes para as nosas letras: O Día da Poesía e o Día do Teatro.
Poemas de Antonio García Teijeiro e de Manuel María; outros en inglés; cantares de cego; teatro creado, dirixido e interpretado polos nenos e nenas de 4º, e unha boa dose de música foron os ingredientes para esta saborosa festa.
Invitámosvos a pasar!
2 comentarios:
Ai, ai, ai... que pensei que non chegaba nunca esta entrada do Día da Poesía e o Teatro. Desta vez Chispa colleu as vacacións de verdade! Espero que volvas coas pilas cargadas! Muacs!
´Pero que cousas tan bonitiñas facedes!!! Pero qué artistiñas hai no ceip de Pazos! Pero que mestras tan creativas moran por ese cole!!! Moitos biquiños dende Belesar!!!
Publicar un comentario