xoves, 8 de abril de 2010

JUANA CORSINA inaugura "CANTERA DE POETAS"

Juana invitounos a participar na súa "CANTERA DE POETAS", un proxecto que xa levaba un tempo madurando. Agora viu a posibilidade de facer realidade esa idea, e animou aos nosos nenos e nenas a participar. O alumnado de 3º e 4º non dubidou en dar resposta, e en seguida enviaron os poemas que podedes ver na súa páxina: CANTERA DE POETAS.

Moitas felicidades tanto a Juana por esta iniciativa, como aos nenos e nenas do segundo ciclo do noso cole polo seu entusiasmo e a súa participación.
BICOS DESDE O PAÍS DOS LIBROS!

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Así es "Chispa" a canteira dos poetas novos, xa está a ser unha relidade,
os poemas que xa vin nese blog, son proba da calidade e a ilusión dos nenos.

Un biquiño pra os autores y pra o colexio que, anima e promove esta fermosa forma de expresarse.

¡Esperamos moitos mais!


Juana Corsina

Encarna dixo...

RAIOTECA, neste mes do libro, tamén vai ter a oportunidade de coñecer a Juana. Será como broche final ao noso certame de poesía 2010.
Grazas Chispa porque a través do voso fantástico blog puidemos poñernos en contacto con ela.
Gustáronnos moito as vosas poesías publicados no blog: "Cantera de poetas".
PARABÉNS!!!
Unha aperta.