mércores, 10 de marzo de 2010

BICOS DE CHOCOLATE PARA MÓNICA


Volvemos a estar feliiiiices. Hoxe tocoulle a Mónica, a nai de Anxo e de Lucas contar un conto: "O coelliño branco". E todos miraban para a cadeira que onte ocupou Ana.
- Pero que noooonnnnn; que hoxe toca levantar a cabezaaaaaa; que hoxe toca teatriñooooo.
- Ah, si, si, aí arriba, si, si!!
Moi ben, unha función teatral de primeira. Claro que acabou con reparto de... Sabedes de que? Non? Acabou con reparto de
"VERZAS"! Haaa, haaaa! Que ricas, verzas para o caldo, mmmm, que ricas, que ricas, que ricas. E despois, houbo unha sorpresiña, Anxo repartiu coellos de chocolate. Ah! pero non os puidemos comer na Biblioteca; houbo que gardalos para a sobremesa de hoxe, para comer despois do... CALDO!!!
Grazas Mónica!
Xa temos dúas contacontos. É que as mulleres...

2 comentarios:

Chispa dixo...

Hoxe tamén me arrisquei a mirar por outro furadiño. Aiii, como me gustou!
Espero que disfrutases tanto como disfrutarons os peques. Agora vai pensando cal será o próximo.
Bicos e moitas grazas.

Leo dixo...

Pois eu agradézoche que me avisaras porque ese conto gústame tanto....
Eu, estes días ando a escoitar ós nosos nenos e nenas que me contan cousas sobre as mulleres científicas.Non sabes, Chispa, canto estou aprendendo!