venres, 12 de marzo de 2010

E CHEGAMOS AO VENRES CUN BICO DANZARÍN



Esta mañá tocou pechar o pequeno ciclo que comezamos esta semana. Fina, a avoa de Keira tamén quixo acompañarnos nesta nova experiencia, e nós, felices.
Contounos "Las jirafas no pueden bailar". Ah! Vós tamén pensades que iso é verdade? Pois non, non, non. Despois de moita mofa por parte dos seus compañeiros da selva, Chufa conseguiu bailar...

"¡Cómo bailaba Chufa!
¡Nunca lo había hecho tan bien!
Daba brincos, volteretas...
¡y saltos mortales también!"
Quen dixo que as xirafas non poden bailar?...

Moitas grazas, Fina, pola túa xenerosidade e ata cando ti queiras. Un bico moi grande de tooodos os peques de Infantil.
Ah! hoxe houbo "sugus" de xirafa para relambernos de gusto...

2 comentarios:

Chispa dixo...

Como a min me gustan moito as xirafas e tamén os contos, hoxe volvín a pasar moi amodiño pola biblio e ¡A xirafa Chefa estaba bailando!
Moitas grazas por adicarnos o teu tempo e o teu agarimo Fina, e ata pronto!

Feli dixo...

Quero felicitar ás nais e avoa que fixeron de contacontos a semana pasada.Que esta idea se espalle e poda ter continuidade.