martes, 20 de abril de 2010

UNHA VACA NA BIBLIOTECA!


Cando mañá cheguedes á BIBLIOTECA, atoparedes unha nova amiga.
Pois si, é unha amizade que fixen estes días. Xa sabedes, polas noites cando visito o cole, sempre me dou un paseo entre os libros para ver que tal están, pero tamén me gusta botar un vistazo ás novidades que tedes polos corredores. E estas semanas descubrín moitas cousas fermosas; entre elas estas guapísimas vacas que están a invadir parte da planta baixa. Pintáronas os máis peques do cole! Logo duns días de pasear entre elas, fixemos amizade e, cal sería a miña sorpresa cando me dixeron que, aproveitando que se achegaba o Día do Libro, lles apetecía dar un paseo pola nosa biblioteca, e de paso, se non era moita molestia, aprender a ler e facer o carnet para poder levar uns cantos libros cada mes para as súas casas. Eu tiven que aceptar e... aí está!

TEMOS UNHA VACA A PIQUES DE ENTRAR!
E QUERE O CARNET!

2 comentarios:

profe Rosa dijo...

Pero Chispa! E agora resulta que as vacas de papel tamén andan de paseo como as de verdade!!! Debe ser que como o pasamos hoxe tan ben na Biblio, escoitou as nosas risas e quixo ir a investigar pola súa conta!!!
Un suceso realmente MMMMMMMMM-ÁXICO!!!
COW PARADE NO LUGAR!!!

ANA dijo...

Cantas visitas tedes no cole....Ummmm....Xa sei. É un cole tan divertido e acolledor, no que se aprenden tantas cousas, que todo o mundo quere ir.

Bicos para todos!!