Hoxe pola mañá tivemos a visita de Iago, un contacontos da Editorial Xerais. Presentounos a Leocadio e contounos moitas historias divertidas, pero o que máis nos gustou foi que participamos moito, moito, moito. Tivemos que falar moi alto, incluso berrar! Guau! Incluso berrar! Ah! pero é que tamén tivemos que falar moi baixo, moi baixo, aínda máis baixo, moi, moi baixiño, e aínda máis... e soubemos. E durmir; e chamar toc-toc, ai! non! ring-ring!; e facer unha tarta, e levarlla ao rei... Cantas cousas fixemos hoxe.
Moitas grazas por ensinarnos que contar contos é moi bonito. Prometemos contar moitos nestes meses que nos quedan de curso; e o ano que vén, moitos máis.
LA VERDADERA HISTORIA DE LA NAVIDAD
-
La historia de la verdadera navidad, una ficha interactiva de gorogui
live*worksheets.com*
Hai 3 anos
1 comentario:
Pero mira que estivo ben o conto do León Leocadio!!! E o do Cociñeiro Martiño, que ao final levoulle unha bandexa ao Rei por ser tan larpeiro, el e os seus axudantes!!! Vaia catro!!! Encantóunos, este Iago pode volver cando queira.
Publicar un comentario