Como ben sabedes, o 22 de abril participamos en moitas das actividades promovidas polo concello para celebrar o "Día do Libro". Este ano estivo adicado a un escritor que naceu aquí, moi perto do noso colexio, en Serantes, cando este era un concello independente: Juan Farias. Nós temos unha especial teima este curso, que é coñecelo todo o que poidamos. Buscamos información sobre el e a súa obra; recordemos que Juan Farias foi o gañador do I Premio Iberoamericano de Literatura Infantil y Juvenil Ediciones SM, no ano 2005. Lemos algúns dos seus libros... escribiu tantos...! Ilustramos os seus textos... Aos títulos que levabamos lido houbo que engadir algún máis; con todos disfrutamos durante algún tempo, poñamos que algo máis de dous meses; e seguimos:
Desde o corazón da mazá
O tolo da ría
Bandido
Cando Arturo escapou da casa
Galego á beira do mar
Agúns nenos, tres cans e máis cousas
Los apuros de un dibujante de historietas
e Á sombra do mestre e Os nenos numerados,
que só leron algúns.
Pois ben, o día que fixemos estas visitas chegamos a quedar sen batería na nosa cámara, así que non puidemos facer ningunha foto máis. Estas que vos amosamos aquí envióunolas Mangi, un fotógrafo de recoñecido prestixio na nosa cidade, que estaba a facer a reportaxe da Feira do Libro. Agradecémoslle desde aquí a súa xenerosidade.
1 comentario:
Hola chispa son Víctor de catabois e queria darche as grazas polo teu comentario.
moitos bicos
Víctor Saavedra Pérez
Publicar un comentario