luns, 24 de maio de 2010

JUAN FARIAS: máis fotos sobre a exposición

Como ben sabedes, o 22 de abril participamos en moitas das actividades promovidas polo concello para celebrar o "Día do Libro". Este ano estivo adicado a un escritor que naceu aquí, moi perto do noso colexio, en Serantes, cando este era un concello independente: Juan Farias. Nós temos unha especial teima este curso, que é coñecelo todo o que poidamos. Buscamos información sobre el e a súa obra; recordemos que Juan Farias foi o gañador do I Premio Iberoamericano de Literatura Infantil y Juvenil Ediciones SM, no ano 2005. Lemos algúns dos seus libros... escribiu tantos...! Ilustramos os seus textos... Aos títulos que levabamos lido houbo que engadir algún máis; con todos disfrutamos durante algún tempo, poñamos que algo máis de dous meses; e seguimos:


Desde o corazón da mazá
O tolo da ría

Bandido

Cando Arturo escapou da casa

Galego á beira do mar

Agúns nenos, tres cans e máis cousas

Los apuros de un dibujante de historietas

e Á sombra do mestre e Os nenos numerados,

que só leron algúns.

Todas elas son narracións para esmiuzar pouco a pouco cos nosos nenos e nenas, porque cada liña é profunda como a vida mesma, e ten tamén o seu peso. Hai tenrura, soños e realidade nos seus libros, e unha máxica unión con Galicia.
Pois ben, o día que fixemos estas visitas chegamos a quedar sen batería na nosa cámara, así que non puidemos facer ningunha foto máis. Estas que vos amosamos aquí envióunolas Mangi, un fotógrafo de recoñecido prestixio na nosa cidade, que estaba a facer a reportaxe da Feira do Libro. Agradecémoslle desde aquí a súa xenerosidade.






1 comentario:

Anónimo dixo...

Hola chispa son Víctor de catabois e queria darche as grazas polo teu comentario.


moitos bicos

Víctor Saavedra Pérez